Áreas de traballo
Despacho de abogados ubicado en A Coruña. Áreas de negocio: derecho administrativo, derecho concursal, derecho del consumidor, derecho mercantil, derecho penal, político y social, reclamaciones del consumidor.
despacho de abogados, áreas de negocio: derecho administrativo, derecho concursal, derecho del consumidor, derecho mercantil, derecho penal, político y social, reclamaciones del consumidor
16058
page-template-default,page,page-id-16058,bridge-core-2.0.5,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-19.2.1,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive
 

Áreas de traballo

Pérez-Lema, Avogados e Consultores da solucións globais a todos os problemas xurídicos de consultoría, asesoría e litigación das familias, consumidores, administracións locais, corporacións de dereito público e empresas, nomeadamente as pemes. De todos os xeitos, os ámbitos da actividade xurídica onde temos máis experiencia e perfil son os seguintes:

1. DEREITO DO CONSUMIDOR

1. Banca, Finanzas e Crédito: Somos dos máis expertos de Galicia en reclamacións xudiciais por comercializaciòn de preferentes e subordinadas, cláusulas-solo nos préstamos hipotecarios, permutas financeiras (“swaps”) e reclamacións por gastos e comisións cargadas  irregularmente. Temos un 100% de éxito xudicial nestas materias.
2.  Outras reclamacións de consumidores: Temos experiencia contrastada nas reclamacións por comercialización de servizos de telecomunicacións, comercialización de enerxía eléctrica e vivendas, nomeadamente vivendas de protección pública (VPA).

2. DEREITO ADMINISTRATIVO

2.1. Contratación administrativa, concursos e adxudicacións, concesións administrativas.
2.2. Bens de dominio público, expropiacións e urbanismo.
2.3. Deduccións fiscais, axudas e subvencións.
2.4. Responsabilidade patrimonial  das Administración Públicas.
2.5. Infraccións  e sancións administrativas.
2.6. Autorizacións e licenzas.
2.7. Asesoramento a Administracións Públicas e toda clase de organismos e entidades do sector público para preparación e adopción de normativas e lexislación administrativa.

3. DEREITO MERCANTIL

3.1 Corporativo e societario.
3.2 Contratación mercantil.
3.3 Competencia desleal, marcas e patentes e dereito da publicidade.

4. DEREITO PENAL (ECONÓMICO E SOCIAL)

4.1 Prevaricacións, subornos, tráfico de influencias, falsidades documentais.
4.2 Delictos societarios, estafas, apropiacións indebidas, delictos urbanísticos e ambientais.
4.3 Insolvencias puníbeis.

5. DEREITO CONCURSAL E PARACONCURSAL

5.1 Asesoramento e defensa en xuizo en preconcursos, concursos de acreedores e toda caste de incidentes concursais.
5.2 Reestruturación de empresas, pasivos e regulacións de emprego. Servizo de executivos temporais.
5.3 Dereito laboral concursal. Despedimentos colectivos en procedementos concursais.

6. DEREITO LABORAL

6.1 Despedimentos nulos e improcedentes
6.2 Outras reclamacións

7. LITIGACIÓNS

Tentamos evitar  os pleitos pero si temos que comparecer en xuízo facémolo con todas as garantías.
Somos expertos en litigacións en todas as ordes xurisdicionais (civil – mercantil, penal, contencioso- administrativo e social).